Onte realizouse dende Monforte de Lemos a
viaxe inaugural en globo aerostático pola Ribeira Sacra para dar a coñecer o
programa “Pasaporte ás nubes” que Turismo de Galicia e o Consorcio de Turismo
da Ribeira Sacra puxeron en marcha.
A iniciativa, incluída nun convenio asinado
recentemente entre as dúas administracións, pretende fidelizar aos visitantes
da rexión, premiando o seu consumo en establecementos turísticos locais
mediante o sorteo de 36 viaxes para dúas persoas para que poidan contemplar a
Ribeira Sacra dende o ceo.