EDITORIAL HG&T 202: PAN Á XESTIÓN TURÍSTICA

O informe Exceltur non deixa ben parada a política turística galega, veu por o punto sobre o i ao comezo da campaña de verán, no momento máis triunfalista do sector, cando as mellores previsións, tamén e certo, de afluenza turística á nosa comunidade autónoma. 

Xa temos recoñecido o paulatino, incluso notable aumento das visitas a Galicia, tamén avisado que en boa parte polo descarte competitivo doutras zonas do Mediterráneo en conflito ou pola falta de seguranza. Tan é así que unha das deduccións dos analistas de Exceltur apunta á baixa competividade das grandes empresas de turismo en Galicia: estaban na octava posición en 2011, e baixaron á décima a partir do 2014. 

O turismo “nacional” veu a Galicia nestes dous últimos anos porque non había prazas nas costas mediterráneas, acaparados polo turismo estranxeiro que non vai a Túnez, Líbano, Turquia e vecindades…

Exceltur acusa a falta de eficiencia de Galicia na promoción. Non é a primeira vez que, nun ámeto máis doméstico, os axentes turísticos acusan dos erros promocionais achacables á xestión de Nava Castro, directora dese invento do presidente Feijóo chamado Axencia Galega de Turismo no intento de controlar persoalmente o reparto do naipe. Galicia é a penúltima rexión en resultados, non é eficiente a política da Xunta na “venda” de Galicia como destino, nin dou un paso na solución dun dos graves problemas que afectan a este destino: a falta de conexións directas por avión cos importantes centros emisores. De qué serve ir a predicar no deserto chinés, por exemplo, se despois teñen que facer tres escalas para chegar aquí. No camiño atoparán outras tentacións.

Sorprende que voces hostaleiras mostren o seu contento porque a ocupación deste verán poida superar o oitenta por cento. Conformismo puro, se así nos parece que abonda para os dous meses nos que había que encher, nestes anos, para colmo, que falla a competencia de destinos mellor posicionados. 

Galicia, sempre según os estudosos de Exceltur (e na enquisa que publicamos nestas páxinas, aparecen tamén claroscuros indicadores de descontento) está na cola en rendibilidade (15ª posición), é das peores comunidades no negocio/prezo das estancias, ocupa o 14º en estacionalidade. E nembargantes, roza o sobresaínte en satisfacción dos clientes. 

Qué grande país se tivera grande señor…!

Guillermo Campos Piñón