Segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE), no pasado mes de maio Galicia rexistrou un incremento do seu volume de viaxeiros aloxados nos establecementos regrados do 2,5%, ata situarse nos 413.397. Así mesmo, subiron tamén no pasado mes as pernoitas nun 3,3%, neste caso, contabilizándose un total de 710.019 no conxunto da comunidade.
É o cuarto ano consecutivo que se rexistra un incremento da demanda turística regrada en Galicia no mes de maio o que sitúa o nivel de viaxeiros de maio do pasado mes nun máximo histórico neste quinto mes do ano e a cifra de pernoitas na máis elevada dos últimos seis anos.
No que se refire aos dous grandes segmentos de mercado, neste mes de maio, tanto o nacional coma o internacional contribuíron aos bos resultados acadados neste mes, segundo informan dende a Xunta de Galicia.