Turismo de Galicia iniciará a finais do mes de xullo a segunda fase das obras de mellora do Camiño Francés para a adaptación do itinerario á delimitación oficial. Así llo comunicou esta mañá a directora deste organismo, Nava Castro, a alcaldes dos municipios beneficiados: Arzúa, Pedrafita do Cebreiro, Sarria, Paradela, Portomarín e Samos. No encontro tamén participou o xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez.
Con estas actuacións, cunha duración duns catro meses, complétase o ambicioso proxecto de sinalización do Camiño Francés impulsado por Turismo de Galicia cun investimento total superior aos 800.000 euros xa que os traballos que se executarán nesta segunda fase contan cun investimento de licitación superior ao medio millón de euros, que se suman aos máis de 320.000 euros da adxudicación da primeira fase, traballos rematados en marzo deste ano.