
Será unha gala amena, na que humor e viño daranse a man a través das distintas intervencións do seu condutor, un Sergio Pazos que desentrañará a outra cara da D.O. Ribeiro cun sorriso.
O evento reunirá os viticultores e adegueiros do Ribeiro con profesionais ligados á enoloxía e ao sector vitivinícola chegados de toda España: distribuidores, almacenistas, xornalistas e divulgadores, entre outros.
Na Gala desvelaranse o nome dos mellores viños brancos, de adega e de colleiteiro, e tinto da D.O., de acordo co xuízo dun panel profesional de cata.