A Xunta de Goberno deulle o visto ao convenio entre o Concello e a Consellería de Cultura para o financiamento do Womex 2016, a maior feira internacional de músicas do mundo que se celebrará en Santiago do 19 ao 23 de outubro.
O acordo establece que a Consellería fará unha achega de 100.000 euros para o financiamento do festival, mentres que o Concello aportará 75.000 euros e a Deputación da Coruña 215.000.
O Womex 2016 vai estruturar a súa programación en dúas partes: DayWomex e NightWomex. A primeira abarca a feira profesional e outras actividades complementarias que se desenvolverán na Cidade da Cultura.
No NightWomex prevense máis de 690 concertos de pequeno formato, que terán lugar en distintos espazos de Compostela, tanto pechados como ao aire libre. Na edición de 2014, que tamén se celebrou en Santiago, o Womex conseguiu un récord de participación, con 2.400 delegados e 1.470 empresas de 90 países.