A horta de Narón achegouse a Vigo

Co fin de achegar aos profesionais da gastronomía e ao público en xeral as cualidades excepcionais do Pemento do Couto e o Tomate Negro de Santiago, dúas hortalizas que se cultivan no agro naronés, o Concello de Narón (A Coruña) en colaboración cos chefs Inés Abril e Rafa Centeno, responsables do emblemático Restaurante Maruja Limon de Vigo (unha estrela Michelín, dous soles Repsol), celebraron hoxe ás 12.30 horas un Showcoking no establecemento no que prepararon varias elaboracións a base destes dous produtos.

O acto, que contou coa presenza de Pablo Villamar, concelleiro de Promoción Económica de Narón e José Manuel Castro Leirachá, director xerente da Cooperativa do Campo Galego O Val-Narón, entidade que aglutina aos produtores que cultivan estas hortalizas, os chefs do Maruja Limón amosaron o uso do Pemento do Couto e o Tomate Negro de Santiago como ingredientes exclusivos da cociña tradicional e de vangarda cunha demostración culinaria na que Rafa Centeno preparou o prato “Bonito entomatado a modo de ensalada” e Inés Abril “Cococha de pescada, pil pil de pementos do Couto e olivas verdes”.

O Showcooking en Vigo é outra das actividades enmarcadas na Ruta Gastronómica Horta de Narón e organizada polo Club Narón Gastronómico na que participaron dezanove establecementos da localidade preparando pratos a base de Pemento do Couto e Tomate Negro de Santiago que se poideron degustar de balde e que contou coa colaboración da D.O. Ribeiro.

O Concello de Naron leva tres anos facendo presentacións gastronómicas con estes dous produtos fóra do concello e en restaurantes emblemáticos, entre os que cabe destacar Casa Marcelo (Santiago de Compostela), Eirado da Leña (Pontevedra), e Paprica (Lugo).