Enmarcado dentro da promoción realizada con motivo da publicación da nova guía turística promocional e de caracter histórico das cidades do Eixo Atlántico na prensa local e rexional de Galicia e Portugal, encargada de repartir esta publicación, a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, participou na entrega dun talón por valor a un viaxe a Braga.
Deste xeito, a prensa de Lugo ofreceu a posibilidade aos lucenses de gañar unha viaxe a Braga, cuxo premio foi entregado esta tarde, e a prensa de Braga, unha visita dos bracarenses a terras luguesas, un galardón que será entregado o martes. Tras a entrega deste talón, Basadre subliñou a importancia deste tipo de iniciativas para promover o turismo de promixidade entre dous países veciños.
Os tres Bens Mundiais cos que conta Lugo, a Muralla Romana, a Catedral e o Camiño Primitivo, xunto ás Termas Romanas, o Museo Provincial e as Vías XIX e XX, están presentes nesta guía, dispoñible en español e portugués, tanto en formato papel como a través de e-book.