Construción dunha dorna xeiteira |
O libro “A arquitectura das carpintarías de ribeira en Galicia”, do escritor Óscar Fuertes Dopico, fai unha análise da importancia destes edificios como espazos fundamentais para a construción de buques en madeira. Publicado pola Xunta de Galicia, e presentado recentemente, é unha tese que recolle todos os datos históricos e contemporáneos da carpintaría de ribeira na nosa Comunidade.
Nela o autor relata todos os aspectos precisos para deseñar, proxectar e construír un buque en madeira e tamén a importancia deste tipo de instalacións para as vilas costeiras galegas.
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou na presentación do libro a importancia das carpintarías de ribeira como ferramentas fundamentais para o desenvolvemento da pesca artesanal. A conselleira eloxiou o proxecto de Óscar Fuertes por dar a coñecer a historia das carpintarías en madeira existentes na actualidade, das características dos procesos de construción e da actividade que se realiza nelas, que debe seguir sendo parte dos pobos como símbolos dun saber secular”, dixo.