
En canto aos caldeiros, Bruxa Consulting S.L. tamén conseguiu os caldeiros número 2, 3 e 4, por 15.043,98 eruos, 18.193,17 eruos e 15.040,20 euros, respectivamente. O primeiro dos caldeiros foi concedido a Francisco Javier Irimia, por 18.193,93 euros. Os prezos de saída para estes caldeiros eran de 11.714, 22 para o número 1, 11.044,84 para o número 2, e 10.375,46 euros para o 3 e o 4.
A montaxe tanto de casetas como caldeiros, cuxas dimensións máximas serán de 33x8,80 metros para as casetas e de 11x4 metros para os caldeiros, poderase iniciar o día 12 de setembro e comezar a actividade o 30, manténdose en funcionamento ata o día 1 de novembro. Todos os postos deberán ter visibles os prezos.