
A programación prevista para eses días comeza o venres 2 de setembro coa observación astronómica no Mirador Estelar das Tabillas. Ao día seguinte, e trala presentación das xornadas, terá lugar ás 11.00 horas a primeira conferencia, “Bajo la sombra de la luna”. A segunda conferencia dedicarase á fotografía nocturna e ao enfoque nocturno. A xornada de mamá rematará cunha observación solar con telescopio especial (H alpha). As actividades retomaranse a partir das 16.00 horas, coas conferencias: “Tierraformación”, “Bajo los cielos de Namibia”, e “Starmus 2016, cinco días con las estrellas”. Ás 19.15 horas, terá lugar a clausura das xornadas. Por último, ás 22.00 horas será a quenda de novo para a observación astronómica no Mirador Estelar das Tabillas. O domingo, 4 de setembro, realizarase unha ruta pola “Cántara da Moura”.