Depoourense.es |
Na sexta etapa da "Vuelta" 2016 regresou a Ourense trala súa saída de Monforte de Lemos, e despois de percorrer 163 quilómetros, chegou a Luintra, no Concello de Nogueira de Ramuín.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou no acto de entrega dos premios aos campións desta etapa que discorreu pola Ribeira Sacra e na que o corredor británico, Simon Yates, do conxunto Orica, fíxose ca vitoria.
O segundo posto foi para o español Luis León Sánchez, mentres que entre os favoritos non houbo diferencias, o colombiano Atapuma segue líder da competición.
Este venres o pelotón ciclista desprazarase ata o Concello de Maceda, municipio que acollerá a saída da sétima e última etapa en Galicia, que rematará en Puebla de Sanabria.