Oitenta por cento de ocupación nos trens turísticos

O programa dos trens turísticos posto en marcha por Turismo de Galicia, Renfe e o Inorde ‘Galicia, a todo tren’, pecha o mes de agosto cunha ocupación do 80% cando aínda faltan dous meses para que remate a tempada de 2016.

Dese xeito, 1.632 pasaxeiros xa realizaron algunha das nove rutas previstas este ano, aos que hai que engadir 401 que xa reservaron prazas para os meses de setembro e outubro. Isto fai un total de 2.032 viaxeiros a finais deste mes, o que supón un incremento de 50 persoas en relación ao mesmo período do ano anterior.

Canto á ocupación por rutas, as máis demandadas polos usuarios deste servizo turístico ao longo dos meses de xuño e agosto son a Ruta dos faros, co 99.7% de ocupación, a Ruta dos viños da Ribeira Sacra, co 97,04%, e a dos Pazos e xardíns históricos, co 88, 46%