WOS é un festival urbano que se celebra en 11 das localizacións turísticas e culturais máis importantes de Santiago de Compostela. Cun programa estruturado en torno á música, que se converte nunha ruta turística, arquitectónica e artística pola cidade, WOS ofrece unha mostra da cultura contemporánea, tanto de produción local como internacional, en ámbitos como as artes escénicas, o cine ou a gastronomía, ademais dun espazo para encontros entre profesionais da industria cultural. Este ano, na súa terceira edición, o festival amplía a súa oferta cultural a 5 días de programación, do 7 ao 11 de setembro.
Iberia ofrece un 10% de desconto para voar ao WOS. Para conseguilo, unha vez seleccionada a tarifa de ida e volta na web de Iberia, hai que entrar no apartado "Teño un código promocional" e incluír o código de desconto WOSFESTIVAL. O desconto é aplicable a viaxes dende 5 días antes ata 5 días despois das datas de celebración do evento. Válido para voos operados por Iberia, Iberia Express e Iberia Regional Air Nostrum.
O desconto en Renfe é do 30% tanto en AVE como en longa distancia. No caso da compra presencial, hai que descargar un documento dispoñible na web do festival e presentalo impreso en calquera punto de venda Renfe. O desconto tamén se pode conseguir comprando o billete por Internet na web de Renfe. O desconto é válido para viaxes de ida e volta do 5 ao 13 de setembro.
Turismo de Santiago colaborou coa organización do WOS na consecución destes descontos. A concelleira de Turismo, Marta Lois, e a responsable de comunicación do WOS Festival, Ánxela Baltar, presentaron no Pazo de Raxoi este prezos especiais que ofertan Renfe e Iberia para as persoas que asistan ao evento.