The Chemical Brothers actuará en Santiago

The Chemical Brothers participará no Ciclo Latitudes, unha programación musical promovida por Turismo de Galicia no marco da celebración do Ano Xubilar Extraodinario da Misericordia. Este lexendario grupo ofrecerá un concerto o 30 de outubro no Multiusos Fontes do Sar en Santiago de Compostela, unha das catro únicas actuacións que The Chemical Brothers realizarán en España, xunto aos concerto que darán en Barcelona, Madrid e Bilbao.

O grupo británico traerá á meta da Ruta Xacobea o seu último disco ‘Born In The Echoes’ e os principais éxitos da súa traxectoria musical que suma xa 25 anos. Cun número incontable de xiras e éxitos as súas costas e unha espectacular posta en escena, The Chemical Brothers consolidouse como un dos cabezas de cartel máis cobizados dos festivais de todo o mundo e os máximos representantes da electrónica.

Xunto a este concerto esta programación musical traerá a Galicia outros artistas de renome.Así, visitarán a Comunidade Xoel López, Anne Etchegoyen, Michael Nyman e Leiva para deleitar tanto aos miles de turistas e peregrinos que están a elixir Galicia como destino como aos galegos e galegas.