O Concello de Rairiz de Veiga acollerá un ano máis a celebración da Romaría da Saínza, na que, entre outras actividades, rememora parte da súa tradición, co combate entre mouros e cristiáns, no que os veciños, ataviados cos traxes representativos daquela época, dan vida a unha histórica celebración da zona, que reúne a miles de visitantes. A Riomaría celébrase ao longo deste fin de semana, a partires do venres.
A presentación desta festa tivo lugar no Pazo Provincial de Ourense, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; a alcaldesa do Concello de Rairiz de Veiga, Asunción Morgade; e o membro da asociación “Amigos da Saínza”, Jose Antonio Cao.
O vicepresidente da Deputación de Ourense dixo que esta celebración “con historia e tradición, vén recreando desde o ano 1840, no Concello de Rairiz de Veiga, o combate entre mouros e cristiáns, converténdose ano tras ano, nunha cita ineludible no calendario festivo da nosa provincia, e que no ano 2001, foi declarada “Festa de Interese Turístico Galego”, pola Xunta de Galicia”.