A folletería de sempre en La Rochelle |
Turismo de Galicia e a entidade Portos de Galicia promoven o turismo náutico da comunidade galega na feira especializada Grand Pavois, que
ten lugar na cidade francesa de La Rochelle ata o próximo 3 de
outubro.
Esta é a cuarta edición consecutiva na que Turismo de Galicia participa
nesta feira, despois de
obter exitosos resultados nas edicións anteriores. O obxectivo
é dar a coñecer as instalacións náutico deportivas e recreativas así como
os servizos, produtos e recursos do
turismo náutico galego co fin de atraer navegantes do norte de Francia
cara ao litoral galego.
Esta feira, exclusivamente dedicada ao sector náutico en todas as súas
modalidades, é un dos salóns náuticos máis importantes e populares de Europa
constituíndo, así, un dos principais escaparates para a promoción da náutica
deportiva en Francia.
Organizada por primeira vez no ano 1973, a feira
Grand Pavois celebra neste ano 2016 a súa 43 edición. O salón conta con 100.000 metros cadrados de exposición e máis de 800
expositores internacionais que representan a 35 países de todo o mundo.