Rosa Quintana en Ourense co alcalde Jesús Vázquez |
O programa de promoción de consumo de peixe entre a poboación infantil O sabor da aventura está no mar, campaña, impulsada pola Consellería do Mar e que se desenvolve nos centros escolares a través do Plan Proxecta que coordina a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, foi escollida este ano pola Comisión Europea como exemplo de boas prácticas en proxectos financiados polo Fondo Europeo da Pesca.
Dende o seu inicio, no ano 2010, chegou a máis de 45.000 nenos e nenas que coñeceron diferentes aspectos sobre a importancia de consumir peixe e que o curso pasado foron 7.400 os rapaces e rapazas os que participaron neste programa.
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, participou en Ourense nun obradoiro deste programa engadiu que, a través deste programa, a Xunta tamén busca fomentar o equilibrio das dietas alimenticias, ademais de valorizar e promover os produtos da pesca de Galicia e facilitar o seu coñecemento e consumo.