Lugo é a única cidade española que resultou finalista aobter o Access City Award, xunto ás cidades de Alessandria en Italia, Chester no Reino Unido, Funchal en Portugal, Jūrmala en Letonia, Róterdam en Holanda e Skellefteå en Suecia. Trátase dun feito que pon de manifesto o importante traballo realizado en materia de accesibilidade.
A Comisión Europea vén de comunicarlle ao Concello, que Lugo está entre as setes cidades europeas finalistas a este galardón europeo de accesibilidade que recompensa aos municipios de máis de 50.000 habitantes polo seu labor continuado na mellora por adaptar os espazos públicos a todas as persoas que viven ou visiten a cidade.
A entidade local resulta finalista deste galardón tras ser distinguida o pasado ano como mellor destino turístico accesible, un premio posto en marcha a través dun concurso por unha empresa líder en solucións de accesibilidade, distinción que se sumou ao Premio Reina Sofía de Accesibilidade. Estes recoñecementos enmárcanse na aposta do Goberno Municipal por acadar unha accesibilidade universal, pola igualdade de oportunidades, da dignidade das persoas e da autonomía da cidade, co fin de facela máis integradora.