Turismo de Galicia pon en marcha o proxecto “Sinte a camelia 5 experiencias” promovido polo Pazo Quinteiro da Cruz e o Eirado da Leña. Este novo produto innovador, que ten a camelia como eixe da experiencia, funde gastronomía, viñedos e esta flor insignia da nosa comunidade potenciando así a marca Galicia.
Nesta nova ruta turística os visitantes poden gozar de todos os sentidos a través da experiencia de sentir a camelia en todas as súas dimensións. O percorrido inclúe unha experiencia gastronómica cun menú degustación formado por un aperitivo, dos entrantes, un planto principal, dunha sobremesa e un té elaborado no Pazo Quinteiro da Cruz. Todos os pratos levan como ingrediente algunha parte da camelia, xa sexa na elaboración do prato principal ou nalgunhas das guarnicións.
O menú evolucionará segundo a época do ano, ao ritmo da natureza, en función da dispoñibilidade das diferentes variedades de camelia xa que dependendo da especie van florecendo ao longo do ano.
Así mesmo, no marco deste novo proxecto, o 25 e 26 de marzo, época de maior floración das camelia, terán lugar no Pazo Quinteiro da Cruz as xornadas “Ven a comer a camelia” que contarán coa participación do cociñeiro Iñaki Bretal.
Turismo de Galicia traballa na posta en valor deste recurso único, a través tamén da Ruta da Camelia que, constituída na actualidade por unha ducia de xardíns tanto públicos como privados, configura un gran reclamo para os turistas que visitan a nosa comunidade e converteuse xa nun referente internacional.