www.depourense.es |
A XXII edición da "Festa da castaña e do cogumelo"se celebrará os vindeiros días 5 e 6 de novembro con actividades dirixidas a todos os públicos. O Concello de Riós ensalzará así un anon máis os seus dous produtos insignia.
Así o informaron esta mañá no Pazo Provincial o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde do Concello de Riós, Francisco A. Veiga; e as técnicos do concello, Nuria Sánchez e María Jesús Álvarez, que explicaron a programación prevista para eses días de celebración que dará comezo o día 5 de novembro, coa saída o campo con monitores da Asociación Micolóxica "Os Cogordos-Ourense". Pola tarde, celebrarase unha charla sobre "pragas do castiñeiro", a cargo de Rafael Vahamonde. O magosto popular será ás 20.00 horas na praza do Toural, organizado pola Asociación de veciños de Riós e Marcelín, cun menú que inclúe: castañas, empanada, panceta, chourizo, bica, pan e bebida.
A programación continúa ao día seguinte, o 6 de novembro, cunha ruta BTT de 47 quilómetros. Ás 10.30 horas, abrirán, no recinto feiral, os stands, así como, as exposicións de variedades da castaña, na planta baixa do Multiusos.
A degustación de produtos típicos (chourizo, castañas, cogumelos e viño) terá lugar ás 13.00 horas por un prezo de 2 euros e se poderán degustar menús especiais con produtos da tempada nos restaurantes da localidade.