A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, participou na presentación do libro 2.000 anos do Balneario de Lugo: un modelo de activación do patrimonio termal.
Esta publicación, coordinada e editada polo arquitecto Mario Crecente e a arqueóloga Silvia González, recolle achegas dunha trintena de investigadores e cota con imaxes antigas e en 3D destas instalacións de orixe romano.
A obra recopila aportacións dunha trintena de investigadores e profesionais de diferentes ámbitos científicos, entre eles médicos, hidrólogos, historiadores, arquitectos, arqueólogos e hidroxeólogos. O resultado é un percorrido multidisciplinar pola historia do centro termal e o seu contorno, dende as súas orixes ata os nosos días.
Nas 700 páxinas das que consta a publicación, ilustradas con fotografías antigas e material gráfico diverso, reúnese todo o coñecemento que existe sobre o balneario na actualidade dende múltiples perspectivas, ao tempo que se presentan varias propostas de valorización do mesmo.