Mención especial a Lugo por Smart City nos Access City Award

Lugo.gal
Na cerimonia de entrega de premios dos premios europeos de accesibilidade -Access City Award, celebrados en Bruxelas, o Concello de Lugo obtivo a mención especial por Smart city, polo seu compromiso cunha cidade accesible para toda a cidadanía sen tomar a consideración a idade.  Lugo era a única cidade española que optaba a ditos premios, que recompensan aos municipios de mais de 50.000 habitantes polo traballo en materia de accesibilidade.

O voceiro municipal, Miguel Fernández, foi quen recolleu este recoñecemento. Con esta mención especial, a Comisión Europea recoñece a mellora constante do Concello para adaptar os espazos públicos a todas as persoas que viven ou visitan a cidade. Trátase pois dun feito que pon de manifesto o importante traballo realizado en materia de accesibilidade da entidade local, en todos os eidos e pola súa aposta por acadar unha a unha accesibilidade universal, pola igualdade de oportunidades, da dignidade das persoas e da autonomía da cidade, co fin de facela máis integradora.

A Comisión Europea resaltou que a cidade de Lugo gañou a mención especial de Smart City en recoñecemento ao seu enfoque inclusivo á discapacidade, e á participación do sector privado e empresarial en todas as súas actividades. Ademais, subliñou que Lugo lidera programas de apoio a profesionais e fai uso das tecnoloxías da comunicación no deseño de políticas de accesibilidade. Así mesmo quixo facer fincapé na especial atención á inclusión das persoas maiores. 

Xunto con Lugo, as cidades finalistas eran as de Alessandria, en Italia, Funchal, en Portugal, Jürmala, en Letonia, Róterdam, en Holanda, Skellefteå en Suécia, e Chester, no Reino Unido, quen gañou este premio.

Esta mención especial súmase aos recoñecementos de Destino Turístico Accesibe e Premio Reina Sofía de Accesibilidade.