Mexillón de Galicia con salsa diabla; Mexillón de Galicia con guacamole e tomatitos encurtidos; e Mexillón de Galicia á mariñeira. Esta é a suxestiva proposta que elaborou o cociñeiro Miguel Mosteiro no segundo taller de cociña que se celebrou no Centro Comercial Arousa de Vilagarcía co Mexillón de Galicia como produto estrela.

Como xa ocorrira no primeiro taller, persoal da DOP ofrecereu unha charla informativa sobre os beneficios da inxesta deste bivalvo e a certidume que representa para o consumidor adquirir mexillóns amparados pola marca Mexillón de Galicia, a única que garante unha calidade superior e unha orixe cento por cento galega.