O Consello da Xunta de Galicia aprobou o decreto polo que se nomea a Nava Castro Domínguez como directora da Axencia de Turismo de Galicia, cargo que xa viña desempñandona anterior lexislatura. É licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade Complutense de Madrid, conta con diversos máster en Planificación e Xestión de Destinos e Novos Produtos Turísticos, en Axentes de Desenvolvemento Económico e Xestión de Programas, en Xestión e Dirección de Pemes e en Intervención e Xestión de Servizos Sociais.
Foi deputada no Parlamento de Galicia, responsable do Centro Europeo de Información e Animación (Carrefour de Galicia), concelleira do Concello de Ponteareas e alcaldesa do mesmo concello, onde gobernou durante moitos anos o seu pai, Pepe Castro.
Castro Domínguez foi deputada no Congreso dos Deputados. En maio de 2009 foi nomeada directora xeral de Comercio, posto que ocupou ata a setembro de 2012. En xaneiro de 2013 foi nomeada directora da Axencia de Turismo de Galicia.