Así, tanto un representante deste executivo como portavoces de distintas empresas asistiron a esta reunión para descubrir as vantaxes e atractivos da nosa comunidade neste sector e explicar as súas necesidades. Neste senso, Ángeles Vázquez faloulles da posición punteira da nosa comunidade en ámbitos como o lácteo, o vitivinícola, o cárnico, pero tamén no forestal. “Todos elas, áreas nas que Galicia ten aínda marxe de crecemento”, sinalou Vázquez.
A delegación está composta pola representante en Europa da provincia de Hunan, Wen Fei, o CEO de China Center de París, Hong Tian, o presidente de OSA (Oficina de Arquitectura Sostible), Francisco Concejo, e os socios da consultora internacional Axperia Ventures, Armando Priegue-Freire e Enrique Luis Sánchez Arias. Todos eles mantiveron un encontro coa titular do Medio Rural para coñecer os puntos fortes da nosa comunidade e ver as posibilidades que lles ofrece o noso territorio de cara a implantación das súas empresas. Os responsables de Hunan téñense interesado por Galicia precisamente pola capacidade do seu sector agroalimentario coa intención de estudar posibles investimentos e establecer canais de exportación cara China.
Este encontro forma parte da estratexia que está a desenvolver o goberno desta provincia en diversas rexións do mundo e para a que dispoñen dun importante orzamento. No caso de Galicia, a súa visita duraba dous días.