Relaxese "Nove meses, nove actividades turísticas" é o proxecto turístico da Concellaría de Comercio, Hostalería e Turismo do Concello de Laxe (A Coruña) co que se pretende establecer un programa anual de actividades turísticas para desestacionalizar a oferta e a demanda turística, según precisa o concelleiro responsable desta área Xoxe Pose, e co obxectivo deste plan pasa por conseguir incrementar a demanda turística no estacional un 30% o primeiro ano, un 40% o segundo ano e un 50% o terceiro.
Entre o 1 de xaneiro e o 31 de xuño e o 1 de outubro e o 31 de decembro están programadas unha serie de actividades dirixidas a diversificar o turismo integrando o sector turístico, comercial e hostaleiro hunha estratexia de desenvolvemento local conxunta.
Así, xaneiro centrarase no Turismo Científico con recursos como o Museo do Mar, o antigo Laboratorio Xeolóxico, o ilustre xeólogo local Isidro Parga Pondal, os restos da mina de caolín e as extintas fábricas de salgazón.
Febreiro estará adicado ao Turismo Gastronómico, pondo énfase nun repertorio rico e variado de comidas e sabores tradicionais, comercialización de peixes e mariscos locais na lonxa, a fama dos allos e cebolas cultivados no interior de Traba e venda de productos da terra no mercado semanal.
Marzo será o mes do Enoturismo, para o que Laxe xa conta coa existencia real dunha cultura popular do chateoe a profesionalidade do sector hostaleiro neste campo; e Abril estará adicado ao Turismo Cultural, no que xogará un papel clave a figura do poeta local Antón Zapata, a celebración das procesións de Semana Santa, a Festividade do Naufraxio (Festa de Interese Turístico de Galicia) e o Fondo Fotográfico Vida.
En Maio tocará Turismo Ornitolóxico, debido a situación estratéxica de Laxe nas travesías migratorias, a integración na ZEPA Costa da Morte e o Espazo Natural da Lagoa e Dunas de Traba. En xuño o programa pon énfase no Turismo Mariñeiro con reclamos como a tradición mariñeira da localidade, o oficio das redeiras, a cestería de mimbre, a persistencia da comercialización “viva voz” na lonxa e os pecios do Adelaide e das Mercedes afundidos na baia de Laxe.
Outubro estará adicado ao Turismo Arqueolóxico para o que son adalides o Castro de Castrelo, os Penedos de Pasarela e Traba (declarados Paisaxe Protexida), o Dolmen da Torre da Moa e o Dolmen da Fornela dos Mouros.
Novembro será o mes do Ecoturismo e, finalmente, decembro centrarase no Turismo Arquitectónico con recursos como a Igrexa de Santiago de Traba (declarada monumento histórico), Santa María da Atalaia, o funcionamento do muíño de vento, o faro de Laxe e a Casa do Arco, o modelo arquitectónico tradicional da vila mariñeira, a rede de igrexas románicas das parroquias e os muíños de auga, cabazos e cruceiros.