Máis turistas que gastan máis

Os turistas que visitan Galicia quedan máis e gastan máis dende hai tres anos para aquí e, así mesmo, cada vez vén un maior número de turistas. De feito, a nosa comunidade acadou máximos históricos no pasado ano 2016 tanto no que se refire aos viaxeiros aloxados, rexistrando 4.324.822, como ás pernoitas, con 8.241.822.

En relación ao perfil dos visitantes cabe sinalar que tanto os propios turistas galegos como os nacionais ou os internacionais están incrementándose.No caso dos internacionais creceron en 2016 un 7% con respecto ao ano pasado superando o 1.300.000, unha cifra histórica. 

Este balance foli relatado pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro no programa matinal de TVG ‘Bos Días’, onde fixo unha previsión para os vindeiros meses, salientando a importancia do Entroido galego como reclamo turístico e tamén a Semana Santa en locali9dades como Ferrol, Viveiro ou Cangas do Morrazo.