Tras o seu paso por Fitur, Lara Méndez, confía en que a campaña presentada en FITUR, a segunda edición de Ven, é Lugo, que tivo gran receptividade por parte dos visitantes e que promovía ao municipio coo sostible, inegrador, accesible, hospitalario e aberto a todos; incremente tanto os bos resultados turísticos, como a imaxe e a autoestima de Lugo, porque non hai un só motivo polo que non acudir a Lugo, senón que hai 98.134 motivos polo que facelo, os seus veciños e veciñas, xunto ao seu patrimonio cultural, histórico e gastronómico, segundo defendeu a rexedora nesta feira.
Para a Alcaldesa, que Lugo teña presenza nesta feira, considerada de referencia no sector turístico tanto a nivel como internacional, con máis de 230.000 visitantes, “abre novas perspectivas para difusión e promoción do municipio”.
A rexedora e a edil aproveitaron ademais para estar achegarse ao stand de Cemiterios Vivos, onde Lugo tamén tivo presenza nesta feira co Cemiterio Municipal de San Froilán.