O portal hostaleiro Trivago sitúa a Santiago de Compostela como a cidade española con mellor reputación on-line. O premio a esta distinción foi entregado en Fitur, no stand de Galicia. Segundo este ránking os establecementos hostaleiros de Santiago figuran amplamente por encima de Granada, Valencia, Córdoba, Málaga ou San Sebastián, no plano nacional, e Kioto, Varsovia, Lisboa, Bogotá ou Washington, no internacional.
Santiago é, ademais, a sexta cidade española con maior número de opinións de usuarios sobre hoteis na internet, con máis de 70.000.
A directora de Turismo de Galicia afirmou que o galardón recoñece, ademais do bo facer do sector, a calidade de oferta hostaleira de Galicia. “Pero non debemos conformarnos, temos que seguir traballando, tanto desde as administracións como desde o sector, para continuar recibindo galardóns como este e incrementando os viaxeiros que elixen a Comunidade galega como destino”, engadiu.