Do 8 ao 12 de febreiro as Cidades Patrimonio da Humanidade asisten en Hamburgo a feira de turismo alemá Reisen Hamburg, dentro das accións de promoción previstas no Plan Operativo 2017 cunha nova campaña internacional para a captación de viaxeiros.
A convocatoria, supón ademais unha potente promoción en medios de comunicación, redes sociais e na propia feira, chega nun momento clave para afianzar o liderado de España - que este ano é o país convidado- neste mercado xa que, segundo datos da OET, a demanda está a ser excepcional, chegando case a ser histórica.
A feira ten lugar, unha das capitais financeiras de Alemaña. É a feira de turismo máis importante do norte de Alemaña e conta cunha participación media de 850 expositores e na última edición incrementou o número de visitantes nun 10%, chegando aos 77.000.
As Cidades Patrimonio contan neste evento cun espazo propio dentro da caseta de Turespaña, cuxa coordinación corre a cargo da OET de Berlín, dende o que o Grupo presentará aos potenciais clientes do mercado alemán a oferta turística, patrimonial e cultural das 15 cidades.
Para o mercado alemán, España é o primeiro país destino no estranxeiro, cunha cota de mercado do 13,1% e a principal motivación das viaxes é o lecer.