Baiona prepara a Festa da Arribada

Santiago de Compostela acolleu a presentación da Festa da Arribada de Baiona, un referente turístico que reúne no casco histórico da vila a máis de 200.000 persoas procedentes de todas as partes do mundo. A Arribada, que se celebra os días 3, 4 e 5 de marzo-, concentra nops tres días numerosas actividades de diversa índole, desde publicacións, seminarios, exposicións, conferencias, congresos, concertos así como eventos deportivos entre os que destaca a ‘Regata del Descubrimiento’, con máis de 3.500 millas de percorrido e a participación de máis de 70 barcos de distintos países, que contribúe á difusión e promoción do turismo náutico e deportivo da nosa comunidade.

Durante o acto, que se celebrou no Museo das Peregrinacións, en Santiago de Compostela, a responsable de Turismo da Xunta de Galicia, Nava Castro, apuntou, ademais, á importancia histórica desta celebración que tamén inclúe actos como ofrendas florais, concesión de medallas e distintivos a persoas e institucións destacadas. Así como toda clase da actuacións relativas ao mercado medieval que rematan coa escenificación teatral da Arribada da Carabela Pinta á praia.