Có obxetivo de dar un "impulso literario e de promoción cultural" á ruta xacobea, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o presidente da Fundación "Orde do Camiño de Santiago", Miguel Pampín, asinaron en Ourense un acordo de colaboración para a creación do I Premio de novela "Camiño de Santiago".
A Deputación de Ourense colaborará no apoio institucional das actividades que realice a recente creada Academia Xacobea relacionadas coa organización do premio; nas actuacións informativas e divulgativas, e na colaboración na organización, promoción e publicación das obras gañadoras do premio de novela.
O convenio establece as condicións de colaboración da Deputación e da fundación na realización dos fins da "Academia Xacobea", e na organización, convocatoria e difusión do dito premio literario, que será convocado en galego e castelán, e ao que poderán optar autores de calquera nacionalidade.