En busca dunha normativa que regule o uso do Faro de Oza

Representantes de entidades relacionadas ou cercanas ao Faro de Oza e o seu entorno mantiveron unha reunión coa concelleira de Participación e Innovación Democrática, Claudia Delso, para seguir afondando no procedemento para artellar, de forma conxunta, "unha normativa básica que regule a xestión e os novos usos sociais e cidadáns desta histórica edificación". 

A responsable municipal explicou que a intención do Goberno municipal pasa por "impulsar un novo modelo de infraestrutura pública", que pasa por promover a cesión puntual dos espazos do Faro de Oza, e que estes poidan ser utilizados tanto por asociacións, como por entidades e colectivos que desexen desenvolver unha actividade de carácter social ou cultural. "Igualmente, tamén pretendemos que sexa un espazo empregado pola veciñanza non organizada que precisen un lugar onde celebrar unha reunión dentro do ámbito privado", explicou.

"A partir da próxima semana, está previsto, ademais, que se inicien as intervencións precisas para adecuar as instalacións do Faro de Oza aos seus novos usos, asegurando en todo momento a seguridade da cidadanía que empregará o citado espazo.