Así, segundo explicou, realizouse unha identificación e clasificación tanto dos servizos turísticos directamente asociados ao surf como daqueles servizos denominados surf-friendly así como outras accións de dinamización do sector e promoción do produto.
En referencia ao produto Turismo Slow, Nava Castro sinalou que se levou a cabo un seguimento dos aloxamentos que forman parte desta oferta e se incorporaron novos establecementos a ela, ademais de promover os espazos vinculados á feira ecolóxica internacional Biocultura.
Por outra parte, destacou unha liña de traballo sobre o concepto de street art a través da cal, coa colaboración de distintos artistas, se realizaron murais en Cariño, Cerdido, Mugardos, Narón, Pontedeume e Vilarmaior, que melloraron a imaxe do destino.
Así mesmo, a responsable de Turismo da Xunta resaltou a edición dun plano para percorrer recoñecendo as interpretacións realizadas por diversos artistas a partir da obra de Velázquez no marco do movemento das Meninas de Canido.