A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia estará presente en Vinis Terrae

Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA) estará presente no VII Salón del Vino y Licores de Gallegos de Calidad - Vinis Terrae, os días 3 e 4 de abril, no Recinto Feiral Expourense (Finca Sevilla s/n, 32005 Ourense).

EVEGA atoparase ubicada nun lugar propio e cun programa de actividades extenso. A este respecto convídoo a visitar o“Espazo Evega” onde poderá ver unha exposición permanente sobre o centro e os servizos que presta ao sector vitivinícola galego así como asistir á presentación de varios traballos desenvolvidos polo noso equipo.

Programa:
Luns 3 de abril

11.00 h.- Acto oficial de inauguración.

12.00 h.- Presentación doMonográfico “Anxélica. O sabor da tradición”
               Imparte: Alfonso Losada Quiroga. Enxeñeiro Técnico Agrícola.
               José Daniel Fornos Rivas. Licenciado en Ciencias Químicas. Técnico da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA).   
               Lugar: Espazo Evega.

17.00 h.- Cata de monovarietales tintos galegos. Organiza a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA) e Asociación Galega de Enólogos (AGE). Lugar: Sala de Catas Vinis Terrae

Martes 4 de abril

11.00 h. Presentación doPrograma de Recuperación de Variedades Tradicionais
              Imparte: Emilia Díaz Losada. Doutora en Bioloxía. Tecnóloga da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA).
              Lugar: Espazo Evega.

12.30 h.- Presentación das conclusións do proxecto:“Estudio del comportamiento agronómico de variedades autóctonas y la diversidad de la población de levaduras en viñedo ecológico y convencional: influencia en el vino”.
               Imparte: Pilar Blanco Camba. Doutora en Bioloxía. Investigadora Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA). Lugar: Espazo Evega.

13.00 h.- Cata dos viños brancos premiados cos ouros no certame internacional “Tempranillos ao Mundo”. Organiza a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA) e Asociación Galega de Enólogos (AGE). Lugar: Sala de Catas Vinis Terrae.

Ademáis, o Espazo EVEGA acollerá como actividade permanete a Exposición sobre a Estación de Enoloxía e Viticultura de Galicia.

De querer asistir pode formalizar o seu pase profesional de dúas formas: Solicitude a través da Web de Vinis Terrae (http://www.vinisterrae.es/es/index.php), ou  no propio recinto de Expourense os días 3 e 4 de abril.