O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España e os Colexios oficiais de Aparelladores e Arquitectos Técnicos de 14 cidades veñen de asinar un convenio de colaboración para a protección integral dos conxuntos históricos españois integrados na lista de Patrimonio da Humanidade.

Neste sentido, a participación das cidades e os colexios, sinalou Nevado, dá a dimensión da importancia deste convenio, o que destacou como "un exemplo de traballo en común e coordinación" co fin de "buscar a colaboración de todos para a protección integral dos conxuntos históricos españois incluídos como tales na lista de Patrimonio da Humanidade", ademais da promoción conxunta e a difusión ante as administracións e a sociedade.
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España é unha asociación sen ánimo de lucro, creado en 1993, cuxo obxectivo é actuar de maneira conxunta na defensa do patrimonio cultural e na promoción turística das 15 cidades que forman a rede, cuxos centros históricos foron recoñecidos pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade: Alcalá de Henares, Ávila, Baeza, Cáceres, Córdoba, Conca, Eivissa, Mérida, Salamanca, San Cristóbal de la Laguna, Santiago de Compostela, Segovia, Tarragona, Toledo e Úbeda son os integrantes