O Auditorio Mar de Vigo acollerá este xoves, 30 de marzo, ás 20 horas, a gran gala de presentación da campaña "Turismo Rías Baixas 2017", na que a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, dará a coñecer as grandes liñas que marcarán este ano a promoción da provincia, e na que a comarca de Vigo terá especial protagonismo.
Na gala, na que haberá ademais moita música, baile, humor e sorpresas, a presidenta reunirá as alcaldesas e alcaldes da provincia, os promotores da industria musical das Rías Baixas, os representantes das principais adegas e máis de duascentas empresas do sector turístico que este ano conseguiron o selo de calidade Sicted e que recibirán a acreditación no evento.