O VII Encontro de Xestores do Patrimonio Mundial que reúniu en Santiago a profesionais do turismo e o patrimonio. Os concelleiros de Turismo e Espazos Cidadáns de Santiago, Marta Lois e Jorge Duarte, participaron esta mañá como ponentes, analizando analizando os datos turísticos de Compostela e as principais problemáticas que afectan, dende hai moitos anos, ao turismo en Santiago. "Son problemáticas", engadiu "vinculadas entre si e moi relacionadas co patrimonio". Trátase da baixa estadía media na cidade, a estacionalidade da demanda e a concentración e conxestión turística.
Entre os novos retos que o goberno se marca na xestión do turismo nunha cidade patrimonio como Santiago a medio prazo están definir un novo modelo de gobernanza do turismo integrado na estratexia do modelo de cidade, que parta da corresponsabilidade entre distintos sectores da cidade", e a posta en valor do conxunto patrimonial de Santiago, a oferta cultural e a Compostela Verde, unha cuestión que xa foi debatida no Consello Municipal de Turismo.
Optaráse por reducir a presión sobre o monumento, as prazas e rúas do casco histórico para evitar que se convirta nun "parque temático". Neste sentido Jorge Duarte lembrou "a decisión que tomamos como goberno de establecer unha moratoria no casco histórico que ten como obxectivo fixar poboación na zona vella de Compostela". Un reto "complexo" que pasa por "potenciar o alugueiro de longa duración no casco histórico que a día de hoxe se centra fundamentalmente en usos turísticos".
Jorge Duarte recuperou o lema da campaña "Os corazóns de Compostela" organizada polo Concello para conmemorar os 30 anos da declaración de Santiago como Cidade Patrimonio da Humanidade. , salientou, "vennos a dicir que unha cidade non é excepcional só polo construido senón tamén pola súa xente e a súa paisaxe". Así, o Concello quere poñer en valor aqueles elementos patrimoniais que son descoñecidos incluso para a veciñanza.
Tamén se fixo fincapé na necesidade de avaliar o impacto que os apartamentos turísticos están a ter en Santiago, baseándose no novo decreto autonómico que permite que afloren e saian da situación de alegalidade na que se atopaban.