Presentación de Viñerón 2017 |
Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 1 de abril a feira vitivinícola Viñerón. organizada polo Instituto Galego do Viño, é unha feira creada para satisfacer as demandas dos apaixonados do viño, mediante o encontro directo entre 15 dos mellores novos talentos do sector. A terceira edición deste encontro vitivinícola celebrarase no Edificio Cinc da Cidade da Cultura.
Viñerón 2017 preséntase como unha reunión desenfadada entre viticultores e entusiastas do viño, profesionais do sector hostaleiro, agroalimentario e turístico, así como bloggers e medios de comunicación especializados.
As persoas asistentes poderán gozar dunha experiencia multisensorial que combina: feira de viños, na que se poderá catar e comprar viño directamente aos Viñerones; música en directo, a cargo de catro grandes artistas como Pepe Solla, Juanjo Figueroa, Nico Pastoriza e Eladio dos Santos; e street food, ofrecida por unha selección de food trucks cunha proposta gastronómica tan coidada como novidosa. As entradas pódense adquirir na páxina web do evento (viñeron.com) a un prezo de compra de 15€ a entrada individual e 25€ a entrada dobre.
Os 15 Viñerones seleccionados para participar nesta edición son: Natalia Canal e Pablo Bermúdez, de Cabana das Bolboretas (Rías Baixas); Rosa Mª Pedrosa Blanco, de Narupa Wines (Rías Baixas); Iria Otero, de Sacabeira (Rías Baixas); Laura Lorenzo, de Daterra Viticultores (Ribeira Sacra); Fernando Manuel, de Finca Millara (Ribeira Sacra); Diego Dieguez Collarte, de Cume do Avia (Ribeiro); Xabier Sanz Larrea, de Viña Zorzal (Navarra); Sandra Bravo, de Sierra de Toloño (Rioja); Goyo García Viadero, de Goyo Viadero (Ribera del Duero); Iago Garrido, de Fazenda Agrícola Augalevada (Ribeiro); Verónica Ortega, de Bodega Verónica Ortega (Bierzo); Javier Monsalve, de Eloi Lorenzo (Ribeiro); Joaquín Sánchez, de Alan de Val (Valdeorras); Jose Crusat González, de Adega Entre os Ríos (Rías Baixas); e José María Rodriguez e Asunción Caeiro, de Adega Pombal (Rías Baixas).