Co fin de divulgar e gozar dalgunhas das 29 medianeiras decoradas en Vigo ao abeiro dos programas municipais dos anos 2015 e 2016 vanse a por en marcha de catro rutas guiadas por diferentes zonas da cidade.
Para Abel Caballero este fenómeno da arte na rúa amosa "unha calidade artística moi reseñable" e está "á altura das cidades máis importantes de Europa", como Lisboa ou Lyon e o obxectivo do Concello é que poida coñecelo toda a cidade "enfatizando o seu valor artístico e que sexa un atractivo turístico máis".
Establécense catro rutas en fin de semana, que comezan ás 11 da mañá e para as que se estima unha hora e media de duración. O sábado día primeiro de abril desenvólvese a Ruta 1 dende as Travesas, co cruce de Pintor Colmeiro coa rúa Tarragona como punto de encontro.
O sábado 8 de abril, a ruta 2, chamada Centro, parte da Praza do Bicentenario (no cruce de Venezuela, Camelias e Marqués de Alcedo). O sábado 6 de maio, poderán coñecerse as medianeiras da ruta 3 – Castelao que parte da avenida do mesmo nome, na rotonda de Alfageme, esquina con Martín Echegaray.
A última das rutas ponse en marcha o sábado 13 de maio en Peniche, partindo da Praza da Aperta ao carón do mural de Antón Pulido, no cruce das rúas Pi i Margall, Lopez Mora e Tomás Alonso. As persoas interesadas en participar nesta proposta cultural poden chamar ao teléfono de información municipal 010, onde tamén poderán xestionar visitas para grupos.