100.000 € para a construción dun viario sobre o río Gorgua, en Padrenda

O o río Gorgua contará cun novo viario que substituirá o actual paso, situado no núcleo da Granxa, no municipio de Padrenda gracias ao convenio de colaboración que asinaron o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o titular da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS), Francisco Marín, e o alcalde de Padrenda, Manuel Pérez. 

A Deputación de Ourense e a CHMS achegaran ao 50 % os 100.000 euros do orzamento para esta obra, mentres que o Concello de Padrenda porá a disposición os terreos necesarios para levar a cabo a construción da dita infraestrutura.

O paso actual está constituído por un encofrado chapa metálica que presenta un estado de ruína parcial, con importante deformacións e roturas, consecuencia das crecidas do río nos últimos anos, e búscase unha obra de paso que mellore a permeabilidade lonxitudinal da canle, tanto hidráulica como á fauna presente, eliminando ao mesmo tempo o risco que comporta o uso do viario. 

O prazo de execución das actuacións estimase en tres meses. A obra de paso proxectada ten 10 metros de lonxitude e foi dimensionada para un caudal de avenida de período de retorno de 500 anos. A actuación completarase co pintado das marcas viarias de borde de calzada, e a instalación de barreiras de seguridade de chapa galvanizada para protección viario. f_ depourense.es