Misión Inversa de México e Estados Unidos do Clúster Alimentario de Galicia

O Clúster Alimentario de Galicia, en colaboración co IGAPE, organiza unha misión inversa os días 8, 9 e 10 de maio de 2017 coa visita a Galicia de varios importadores e distribuidores de produtos alimentarios e bebidas de EEUU e México, algún deles con interese en produtos do mar.

O esquema destes encontros consistirá na organización de xuntanzas individuais con compradores convidados, e encontros colectivos e presentacións. Ademais, poderán organizarse visitas ás fábricas das empresas inscritas.

A participación nestes encontros inclúe unha axenda personalizada dunha ou varias entrevistas ou visitas, así como a difusión previa do perfil da súa empresa entre os compradores participantes, mediante o directorio de empresas participantes que se facilitará aos compradores invitados.

México, considerado pola OMC o 13º exportador e o 12º importador do mundo, viviu unha interesante transformación do seu comercio exterior nos últimos anos. A liberalización da súa economía dende a década dos 80 a través da firma de numerosos acordos fixeron de México unha importante plataforma tanto para a exportación como para a importación.

Non cabe dúbida de que Latinoamérica, por razóns históricas e culturais, pero tamén e cada vez máis por razóns económicas, é unha área de vital importancia na política exterior de España, sendo México un dos principais socios comerciais da rexión.

Para inscrición ou calquera aclaración ou información adicional, poden contactar co CLUSAGA en info@clusaga.org ou no teléfono 981 556 062.