A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio vén de poñer en marcha o concurso Cubre o teu pasaporte Galicia Natural e única, co que se pretende promocionar o patrimonio natural e cultural da Comunidade galega a través das redes sociales.
O concurso consiste en completar a totalidade de cuños que acrediten que os usuarios visitaron cada un dos sete parques de Galicia (os seis naturais: Fragas do Eume, Monte Aloia, Serra da Enciñ a da Lastra, Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, Baixa Limia- Serra do Xurés, O Invernadeiro e o Parque Nacional de Illas Atlánticas) e a primeira persoa que envíe a copia do mesmo, será o gañador do paquete turístico Experiencia no Xurés, co que poderá recorrer este zona en biciclera ou a pé, gozar das beiras do río Caldo, unha ruta pola contorna do Embalse de Salas, ou coñecer as aldeas escondidas do Xurés.
Entre os requisitos, ademais do correcto selado, será ser maior de idade e ser seguidor na páxina oficial de Galicia unica e natural de Facebook. Cómpre recordar que Facebook non patrocina, nin administra, nin avala de forma algunha esta promoción. Non está asoaciado de modo algún a Facebook e están libres de toda resposabilidade sobre a conducta e accións dos participantes.
O prazo vén de comezar o pasado 4 de abril, coa presentación do Pasaporte dos parques naturais de Galicia, da Compostela dos parques, e rematará no momento no que se acredita que un seguidor -despois de remitir por mensaxe privado á páxina do Facebook a Compostela cuberta- completou a totalidade de selos de cada un dos seis parques.
Esta actividade é unha das iniciativas recollidas no Plan de promoción e posta en valor do patrimonio natural de Galicia, que conta cun investimento de catro millóns de euros e contempla 29 actuacións específicas.