Quinta edición do plan turístico Terras de Auga e Cultura, en Lugo

Nesta ocasión, a quinta edición do plan turístico Terras de Auga e Cultura inclúe un total de 40 rutas pola zona rural de Lugo e municipios limítrofes. Trátase dunhas andainas que se desenvolverán todos os domingos ata o 17 de decembro, excepto o 2 e xullo e o 8 de outubro, por coincidir co Arde Lvcvs e o San Froilán, respectivamente, así como algún día festivo. 

Tal e como Basadre A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre subliñou durante a presentación, as visitas, que van dende os 4 aos 17 quilómetros, serán de 5 temáticas distintas: xeoloxía, bioloxía, antropoloxía e etnografía, patrimonio histórico-artístico e arquitectura e deseño. Recorrerán o centro de Lugo e as parroquias de Adai, Bocamaos, Meilán, O Veral, Ombreiro, Orbazai, San Lázaro da Ponte, Romeán, San Xoán do Alto, O Burgo, Poutomillos, Prógalo, Bacurín, Santalla de Bóveda, San Pedro Mera, Coeses, Gondar, Bascuas, Carballido, Coeo, Nadela, Muxa e Teixeiro, así como os municipios limítrofes do Corgo, Rábade, Guntín, Palas e Friol.

O obxetivo destas visitas temáticas de promoción turística, é dar a coñecer o patrimonio natural, arquitectónico e cultural que se conserva, principalmente, nas parroquias luguesas. Algunha destas andainas combina sendeireismo con actividades didácticas, e outras son completamente accesibles.

Estas rutas turísticas, de carácter gratuíto, desenvolveranse de 10:30 a 19:00 horas, de abril a outubro, e de 10:30 a 18:00 horas, nos meses de horario de inverno e teñen como punto de saída e de regreso a parada do bus urbano situada diante do Seminario Maior, na rúa Anxo López Pérez. 

Do mesmo xeito que nas anteriores edicións, os interesados poderán inscribirse na Oficina Municipal de Turismo, con prazo límite para inscribirse fixado ás 14:00 horas do día anterior á celebración da excursión. O número máximo de excursionistas será de 35 persoas. Algunha delas ten aforo limitado a 25.