O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presidiu hoxe o acto de sinatura da carta de compromiso de participación segunda convocatoria europea do programa Urban Innovative Actions por parte dos distintos socios, entre os que se atopa a Universidade de Santiago. A USC estivo representada pola vicerreitora de Investigación e Innovación, Isabel Rodríguez-Moldes Rey.
O Concello de Santiago vai presentar a súa candidatura á. Farao a través dun proxecto impulsado pola Concellaría de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo dentro da temática "Economía circular".
Tamén participaron no acto a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois; e o edil de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro. Tamén asistiron representantes das entidades que participan no proxecto en calidade de socios: Coregal, o Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial, ITMATI; XESGAL, Xestión Galega Ambiental Loxística; Airas Nunes, a Asociación Root & Fish, Energy Lab, e Tech-Academy for Kids and Teens.
Plan(et) Ecocity Santiago é o proxecto que presenta o Concello de Santiago á convocatoria europea UIA, enmarcado no programa Plecocitys, que busca iniciar unha transición cara a Economía Circular no marco da xestión de residuos. O obxectivo é achegar propostas de solución innovadoras aos principais puntos febles neste ámbito: a gran porcentaxe de residuos orgánicos desaproveitados, a reutilización de produtos electrónicos e a procura dunha participación activa da cidadanía na xestión de residuos.
O proxecto impulsado pola Concellaría de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo fundamenta o seu carácter innovador en tres piares: unha xestión completamente innovadora na xestión de bioresiduos, unha proposta integral que segue a lóxica da economía circular e a introdución de metodoloxías de innovación social apoiadas en modelos matemáticos para unha maior eficiencia na toma de decisións colectivas. O orzamento previsto para o programa é dalgo máis de seis millóns de euros. f_ santiagodecompostela.gal