
O presidente do Consello Regulador informou aos membros do Pleno do organismo da vontade de colaborar nesta acción impulsada desde A Rioxa. Xunto a isto, o Pleno do Consello Regulador aprobou a creación dunha bolsa de emprego na entidade. Deste xeito, elaborarase unha listaxe de currículums de persoas interesadas en traballar no organismo cando as circunstancias o requiran (para cubrir, principalmente, situacións de baixa, vacacións ou permisos laborais dos empregados actuais).
Paralelamente, a xuntanxa serviu para dar luz verde á elección dunha empresa que se responsabilice de fabricar os hologramas nas contraetiquetas dos viños da D.O. Estas tiras funcionan como elemento de seguridade e garanten o control e a procedencia dos viños da comarca.