
A titular de Mar explicou que, co obxectivo de
incrementar o volume de negocio das dársenas recreativas de Galicia, a
Consellería do Mar ten deseñada unha estratexia conxunta de promoción da
náutica de recreo en Galicia que pasa por duplicar a presenza da representación
náutica galega en eventos promocionais de carácter internacional ao longo deste
ano.
Para iso, a Consellería, a través de Portos de
Galicia e en coordinación con Turismo de Galicia, encabezará a participación
dos xestores náuticos galegos en diferentes salóns e feiras náuticas nos que
poderán presentar a oferta de servizos e instalacións náuticas da nosa
comunidade.