• Atrápalo, ElTenedor e restaurantes.com participarán no programa do 50 Aniversario do CIFP Compostela
Este martes 9 de maio o CIFP Compostela acollerá a
segunda charla profesional no marco da celebración do seu 50 aniversario como
escola. Nesta ocasión falarán os responsables de Atrápalo, ElTenedor e
restaurantes.com, as tres empresas de intermediación máis importantes de
España. Os tres analizarán o futuro da hostalería nese sector e cal é xa actualmente
a súa influencia nos negocios. Moderará a cita o xornalista Joel Gómez de La
Voz de Galicia.
Os relatorios empezarán ás 10 da mañá e finalizarán ás 12 horas.
Falarán Antonio Fernández Ruiz, fundador e CEO de restaurantes.com; Alejandro
Lorenzo, socio cofundador de ElTenedor; e Helena Perelló, responsable de
comunicación de Atrápalo.
A conferencia está aberta a todo o público, aínda que debido ao
aforamento limitado do salón de actos do CIFP Compostela, os interesados en
asistir a calquera das actividades deberán inscribirse previamente a través da
web http://50cifpcompostela.com/gl/, onde tamén se poderá consultar o programa
completo. A participación, tanto para as conferencias como para os
Showcooking-Cata, é gratuíta.
Os actos do 50 aniversario continuarán durante este mes de maio,
outubro e novembro. As seguintes citas serán dúas Showcooking-Catas a cargo da
Denominación de Orixe Ribeira do Douro e do chef Alberto Lareo, do restaurante
Manso de Santiago, centrado na cociña con algas. O 30 de maio haberá outra
conferencia para falar do “Éxito empresarial en restauración. A figura do chef
emprendedor”, á que asistirán os cociñeiros Sergi Arola, Pepe Vieira, Yayo
Pazos e Marcos Cerqueiro.