A Estación de
Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), dependente da Consellería do Medio
Rural, aculleu a visita de 70 viticultores e adegueiros co fin de asesorarse nos traballos
de repoda levados a cabo nas vides do centro afectadas pola xeada.
Diversos técnicos
resolveron as dúbidas plantexadas por estes profesionais afectados polas
inclemencias do tempo de finais de abril, para levar a cabo uns correctos
traballos de recuperación
das viñas. Así, puideron observar in situ
a repoda das cepas co obxectivo de tentar salvagardar a vindeira produción da
pranta. Tamén se achegaron ata o centro os alumnos do ciclo formativo de grado
medio de elaboración de aceites e viños, que imparte o instituto de educación
secundaria O Ribeiro.